viernes, 22 de septiembre de 2017

Petroglifos en Ponteareas I Parte

Intentando seguir pondo en valor e coñecemento, estes restos patrimoniais prehistóricos de arte o ar libre, imos amosar a riqueza que noso concello ten neste campo arqueolóxico, posto que é algo que e pouco coñecido nas nosas terras.

Comezaremos cos últimos publicados e visitados, os da zona do Monte Aberto, comezando cos coñecidos de Padróns (Padróns), no linde de esta parroquia con Ribadetea. Polo de agora coñecemos dúas pedras, unha con círculos concéntricos aliñados o norte en dúas liñas, e outra cunha coviña solta que descoñecemos súa cronoloxía. Pensamos mesmo así, que a zona esta pouco explorada e debe haber muitos máis.
Moi cerca e tamén en Padróns, se atopan os do Charco, que temos constancia polo menos en catro pedras de círculos concéntricos e coviñas.

Sen saír da mesma zona, pero do lado de Ribadetea nos atopamos co coñecido como petroglifo do Monte Aberto, unha pedra con coviñas e talladuras indeterminadas neste momento, polo seu mal estado de conservación.

Sen saír dos lindes de Padróns, nos imos agora o punto máis alto do concello, e cando dicimos o punto máis alto, e o máis alto, pois estas coviñas se atopan na pedra do cumio a 743 m sobre o nivel do mar, no linde xa con Mos. Este tipo de petroglifos, en cumios e en formas de coviñas ou pequenos lagares ou pías, orientados sempre o oeste, e dicir a posta do sol, pode ter un significado ritual solar, pois o sol nestas sociedades tan antigas soia ser a divindade suprema. Dende el há unhas fermosas vistas a ría de Vigo e illas Cies.

Para que vexades que este fenómeno do Galleiro non e inusual, e se da en  grande parte da terra galaica cando menos, imos por outro exemplo, pero agora no cumio doutro monte coñecido no concello, o Monte Landín, a 459 m de altitude na parroquia de Pías.
O igual que o do Galleiro, tratase dunha serie de coviñas e pías de pequeno tamaño nunha pedra preto do cumio, orientado o oeste (posta de sol) cunha grande vista sobre o val do Tea. Dicir que este monte esta por un lado sobre o castro de Troña, e polo outro (Mondariz) sobre o castelo do Sobroso. Esta pedra se atopa en perigo polo avance dun grande viñedo.

Outros petroglifos que se deron a coñecer fai menos dun ano, foron os da Carreira tamén na parroquia de Pías. Atópanse o outro lado do Tea dos do Monte Aberto, e teñen a mesma temática base, círculos concéntricos e coviñas, polo que creemos que os fixeran os mesmos individuos ou clan. Pese o auxe que tiveron o seu descubrimento, neste momento se atopan de monte.

Pero se falamos de petroglifos no concello de Ponteareas, non podemos esquecer da zona reina con máis abundancia no lado oriental, os pes dos Montes da Paradanta, nas parroquias de Guillade e Cumiar. Fai uns seis anos, andando pola zona do Pedroso, que ten petroglifos, atopamos de forma casual estes despois que un lume deixara unhas pedras a vista. Se repite o patrón xeral do concello e todo o val do Tea, coviñas dispersas e círculos concéntricos, pero desta vez tamén aparece unha cruz cristianizadora cristián. Que saibamos están sen declarar, pero agora ben seguro que estarán cubertos polo monte raso o igual que o resto que há na zona, na parroquia de Guillade.

Por último imos con outro tipo de petroglifos muitos máis modernos que teñen como función a cristianización do pagán ou marcar lindes territoriais, as cruces. Neste caso nos situamos na parroquia de Cristiñade, no coñecido como “Penedo da Sartén”, no linde co concello de Salceda de Caselas. A curiosa forma do penedo cunha grande pía nun extremo fai voar a imaxinación a parecerse con unha sartén, nel tamén se atopa un petroglifo en forma de cruz, que claramente marca o linde nese alto entre os concellos de Ponteareas e Salceda.
Como vedes dentro dos lindes de noso concello de Ponteareas, temos unha grandísima riqueza e variedade dentro do patrimonio de arte rupestre, pero por desgraza des-valorado e marxinado. Aquí só vai a primeira parte pois temos bastante máis, esperemos que vos gustase e fixese algún tipo de exame de consciencia, polo seu estado e o pouco valor que dáselle. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario