martes, 21 de noviembre de 2017

A outra cara da emigración, o legado indiano nas terras do Suído, Gaxate.

Recordo estando no Brasil un domingo, na Praia do Forte no estado da Bahía, un señor duns cincuenta e poucos anos, pola seu vestir de boa condición económica e con rasgos brasileiros pero poucos acentuados, preguntarme nun “brasileiro-bahiano” similar o “portugués” continental, - voçe é espanhol?, o cal eu respondín, - eu sou galego, en nese momento puiden ver como mudoulle a faciana, pois me dixo, - minha avoa era da Galiza, era de Gaxate.

Nese intre, víuseme unha grande saudade coa sorpresa da súa resposta, pois coñezo ben esas terras da cara oeste da Serra do Suído, con súas maxestosas parroquias con grandes igrexas e casonas espalladas polos vales do Oitavén e do Verdugo entre montanas, con verdes prados cheos de vacas rubias salpicados polo medio de hortas dos invasores eucaliptos, pequenas aldeas lonxanas nos altos montes, estradas e regatos ateigados de vellos carballos como oasis entre os invasores cultivos forestais...

A verdade que nesas terras, muitas persoas das cidades de Vigo e Pontevedra e seus redores, buscan a desconexión e ar da montana, facendo que inda quede economía e estabilidade actualmente. Mesmo así, en tempos non tan remotos, pola súa lexanía, mala comunicación e marxinación, foron lugares onde a emigración fixo muita mella e forma de buscarse a vida, sobre todo “As Américas” xunto cos veciños ourensáns da cara oeste do Suído, os concellos de Avión e Beariz.                                            Muitas historias e mitos fixeron persoas destas terras nas Américas, como o veciño de Avión, Ildefonso Graña Cortizo, chamado o “último rei galego” co nome Alfonso I, rei dos Jíbaros (tribo do Amazonas) ou Alfonso I da Amazonia.     
                                                                    
Este feito fixo que pasear a día de hoxe polas terras do Suído, nótese esa pegada cando menos dos “retornados” adiñeirados, aqueles que conseguiron fortuna e bo vivir no estranxeiro e na volta, trouxeron con eles parte do legado do “novo mundo”, como por exemplo a arquitectura “indiana ou colonial” das vivendas moi típica dos anos de bonanza en centro e sur América a  de finais do século XIX e até a metade XX.

Un exemplo desta arquitectura, e museo o ar libre vivo, e a parroquia de Gaxate, que tanto me viu a cabeza aquel día no Brasil con aquel señor, o cal sen estar nunca nesa parroquia natal da súa avoa, coñecía pola tradición oral familiar contos e historias dela, algo incrible, e que non morrería sen visitala. Tamén contoume que súa avoa, cando chegou soa o Brasil, sabia que era de Gaxate, de Fornelos de Montes e “galega”, e “nada máis que iso”. Por último, para rematar este pequeno recordo e relato, que millor que mostrarvos Gaxate, e seu vivo pasado cercan coas súas maxestuosas casas indianas, as cales, estando tan tan lonxe, viñéronme a cabeza no primeiro momento que aquel señor me dixo “minha avoa era da Galiza, era de Gaxate”.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Subida Mulhacén, Veleta y Cerro de los Machos, pasando por el Paso de los Guías, 2017

Vídeo reportaxe dende a Galiza a Sierra Nevada, con á ascensión o Mulhacén, Veleta y Cerro de los Machos pasando polo Paso de los Guías no mesmo día, o vídeo e dos poucos na rede feito por galegos en galego.

viernes, 3 de noviembre de 2017

HISTORIA E CRONOLOXIA DA FORTIFICACIÓN E CASTELO DAS COVAS DE DONA URRACA, SALVATERRA DE MIÑO.

Antes do século X.

Posiblemente fose un núcleo co nome latinizado de Lazoiro, que controlaba unha importante ruta secundaria e seu comercio no paso do Río Miño.

Século X

No ano 991 aparece nunha doación do rei Vermudo III a mitra compostelá, nela doa unha pequena vila posiblemente cun pequeno castelo chamada Lazoiro, xunto o Val de Salvaterra (que sería no futuro un condado, que daría nome a actual bisbarra).

Século XII
E de supor que no século XI o núcleo e territorio ten prosperidade, pero cobra verdadeiro protagonismo nas luitas pola independenza de Portugal.
                                                                         
Na praza e castelo, xuntaron forzas no ano 1121 a raiña dona Urraca máis o enerxético e ambicioso bispo de Compostela Diego Xelmírez, do que as malas linguas dicían que era amante desta raíña, todo para ir a fronte contra a prima da raíña, Tereixa de Portugal, que pretendía a independenza do condado Portucalense.
Ambos cruzaron o Miño e derrotaron a Tereixa na batalla de San Mamede, freando así a independenza, inda que esta sería máis tarde conseguida polo fillo desta, Alfonso Henriques.

Neste período posiblemente Dona Urraca reside un tempo no lugar, dando nome popular o castelo “as Covas de Dona Urraca”. Tamén neste tempo e cando seguramente se forxan lendas como a do Pozo de Dona Urraca, o cal din que esta baixo as covas e ten un pasadizo que leva baixo o Miño até a vila fronteiriza de Monção.
Século XIII

Durante este século, o rei Alfonso IX favoreceu a formación desta vila para protexela dos abusos dos señores feudais locais, inda que se descoñece se chegou recibir fueros, pero si e un dato da importanza da praza.

Século XIV

Pola súa estratéxica situación como vixía e paso sobre o río Miño, voltou ser escenario de luitas co veciño reino de Portugal.                                                                                            

No ano 1337 e tomada o igual que outras prazas e vilas fronteirizas polo rei portugués Alfonso IV, sendo liberada por o rei Xoán I anos despois aproveitando as crises monárquicas do reino portugués. Despois da reconquista e entregada a familia nobiliaria dos Sarmiento, que máis tarde se emparentaran cos Soutomaior, pertencendo a esta familia emparentada a fortaleza até principios do século XX.

Século XV

Este foi un século moi bélico e cheo de conflitos, do que tampouco se librou, tendo lugar na praza e castelo sucesos de personaxes importantes da época como Pedro Madruga de Soutomaior, o cal pertencía o lugar.
No castelo, tivo o Madruga cautivos a García Sarmiento e Fernán Camba. No ano 1479, é cercada por tropas do bispo Fonseca de Compostela máis o conde de Monterrei, inimigos do Soutomaior os cales conseguen conquistala e liberar os cautivos. Deste feito inda se conserva un cantar popular.

“Salvaterra, Salvaterra                                                                                                                      Onde estiven en prisións,                                                                                                                      Non te chaman Salvaterra                                                                                                                             Que te chaman salva-homes.”

                                  
Tamén e a finais deste século muda de forma definitiva seu nome a Salvaterra, chegando os nosos dias e deixando o de Lazoiro no seu rico pasado.

Século XVII

Este e un século moi importante e convulso para a praza, o rei Felipe III concede a Diego Sarmiento de Soutomaior o titulo de Conde de Salvaterra, nacendo así “O Condado”.

A partir de mediados de século, coa restauración do reino de Portugal, revívese as guerras de fronteira estando Salvaterra en primeira liña.   
                                                                                                                                                                    O conde García Sarmiento de Soutomaior e Salvaterra deixa a fortaleza o mando do portugués Gregorio Lopés de Puja, o cal tras voltar a proclamación do reino de Portugal traizoa a seu señor e chama as tropas de João Rodrigo de Vasconcelos e Sousa, conde de Castel-Melhor (Portugal). Este ocupa a praza e fortaleza ca pouca resistenza dos veciños, pasando así a pertencer o reino de Portugal, corría o 15 de agosto do 1643.

Os portugueses reforman e reforzan a fortaleza facendo destas practicamente inexpugnables, comeza así unha luita case interminable pola súa reconquista.                                                                              A monarquía Hispánica xunto coa Xunta de Guerra do reino da Galiza deciden construír tres novas forticacións nos redores de Salvaterra para cercala, nace así o castelo de Santiago de Aitona, a fortaleza de Fillaboa e a atalaia de San Pablo de Porto.

 O pouco de levantalas, a de Fillaboa e San Pablo de Porto son destruídas por 2000 infantes e 50 xinetes portugueses nunha táctica e audaz ofensiva, pero rapidamente voltan ser levantadas despois da retirada dese continxente. Pasan os anos e pouco se avanza, até que se intenta por en marcha unha ambiciosa ofensiva clave, cruzar o Miño e intentar tomar as prazas portuguesas de Monção e Lapela, as cales eran a cabeza de ponte da outra ribeira por onde se subministraba e reforzaba Salvaterra.                                                                                                                                                                             A ofensiva sobre Monção e cuberta con fogo de artilleria dende o castelo de Aitona. Despois da caída de Lapela e un duro cerco a Monção, esta cae o 7 de febreiro do 1659. Salvaterra seguía en poder portugués, pero agora súa sorte estaba botada, pois soa e rodeada capitula e se rende dez dias despois da toma de Monção, sendo entregada o Marqués de Viana, era o día 17 de febreiro do 1659.

Foron 16 anos de luitas e sucesos estando a fortificación e praza en mans portuguesas, de volta a mans galegas, a Xunta de Guerra decide derribar as fortalezas de Fillaboa e Aitona, pois agora pasan a ser un perigo estratéxico nos redores de Salvaterra. Si deciden ter inda en pe a de San Pablo de Porto.

Século XX

Neste século nos anos vinte pasa a pertencer o concello de Salvaterra de Miño, e no 1949 e declarado ben de interés cultural. Neste período sufre un grande deterioro e mala restauración.

Na actualidade ben sendo un conxunto de explanadas intra muros para festas e eventos, con parte do pouco patrimonio que queda mal restaurado o estilo moderno e outro tanto a caer, apuntalado e marxinado sendo edificacións históricas e publicas, con mesturas de diferentes pavimentos incluído o asfalto, todo o contrario e sendo un mal exemplo da conservación dun núcleo histórico tan importante, o contrario do que se merece tanta historia.

Neste momento, inverteuse na Casa do Conde con fondos FEDER europeos case 200.000 euros para facer un museo Casa do Viño, o cal esta rematado dende fai anos pero inda nunca se inaugurou sequera, inda que na súa porta pon ben claro Casa do Viño e a inversión.

Pero a cousa non se queda aquí, senón que agora queren facer un Museo do Viño 2 (sen inaugurar o primeiro) no que queda do histórico castelo das Covas de Dona Urraca, o cal ten un uso popular para a veciñanza e se fan exposición, mostras, e até casamentos ou xuntanzas familiares. Non estou en contra dos museos, pero con tanta historia contada aquí, que pinta un museo do Viño “2” nas Covas? Para que tirar máis cartos tendo un sen uso, tendo o patrimonio dos redores a caer ou unha inversión 0 en recordo da rica historia de Salvaterra e seus moradores.

Cada un que faga a reflexión que queira agora, pero Salvaterra e dos poucos exemplos galegos que nos quedan de vila amurallada polos conflitos de fronteira con Portugal, polo que consciencia co que se queira facer e deixar de futuro.

jueves, 26 de octubre de 2017

Galiza destruida, lumes, patrimonio ferido e carballos en forma de esperanza

Mes de outubro negro, mes de bagoas e reflexión para o futuro. Nestes tres vídeos podemos ver o resumo deste triste comezo do outono.

Neste primeiro video, podemos ver o resultado e estado dunha das vítimas das brutais vagas de lumes forestais deste mes, o Castro de Troña. Era visto vir, anos rodeado de eucaliptos, cunha sería invasión dentro do poboado de mimosas, só era caer a chispa para que sucedera.
Pola contra, o lume o limpar parte da mimosa, voltou dar a luz partes do poboado case desaparecidas dende os 90, e triste que esto volta saír a luz despois dunha desgraza.

Cambiando de luga, situámonos agora nas terras da Serra do Faro, entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). Seguindo o “camiño do inverno” nas lombas do monte da Cabeza, há unha pequena necrópole megalítica, a cal o visitamos levamos esta sorpresa.
Dicir que xa tratamos este tema e informamos, e que neste momento xa actuouse e esta declarado en patrimonio o dano causado.

Voltando o Condado, veremos un berro de esperanza a triste situación provocada por anos de mala xestión e intereses nos nosos montes, ou máis ben hortas forestais. Unha vitoria da natureza, a milagre natural da nosa terra ante o devastador terror da fecundación do eucalipto, máis vale un vídeo que mil palabras, agora, reflexionar sobre o futuro.

jueves, 28 de septiembre de 2017

II Xornada de Irmanamento Ponteareas-Mós-Pazos de Borbén

Por segundo ano consecutivo voltamos a patear a serra do Galleiro entre veciños, os cales este ano sumase Pazos de Borbén.

Cada un ascende por súa vertente quedando as 9:30 da mañá, arrancando os de Ponteareas do Teleclube de Cillarga, os de Mós do Torreiro de Louredo e os de Pazos, dende a escola do Galleiro (Nespereira).

Na xuntaza, xa na zona do cumio do Galleiro, desfrutaremos e voltaremos dar a coñecer o patrimonio natural e histórico deses montes, montes que nos unen a tod@s os alí presentes. Xantaremos de novo en armonía e irmandade para finalmente cara as 17:30 baixar cada grupo cara súas terras como inicio.
De novo unha grande iniciativa de colectivos dos tres concellos, os cal ten unha grande importanza non só na irmandade entre parroquias e municipios veciños, senón tamén pola posta en valor e coñecemento das riquezas da Serra do Galleiro.

Esperamos que vos animedes e nos vexamos o domingo 8 polas ladeiras do Galleiro J .



viernes, 22 de septiembre de 2017

Petroglifos en Ponteareas I Parte

Intentando seguir pondo en valor e coñecemento, estes restos patrimoniais prehistóricos de arte o ar libre, imos amosar a riqueza que noso concello ten neste campo arqueolóxico, posto que é algo que e pouco coñecido nas nosas terras.

Comezaremos cos últimos publicados e visitados, os da zona do Monte Aberto, comezando cos coñecidos de Padróns (Padróns), no linde de esta parroquia con Ribadetea. Polo de agora coñecemos dúas pedras, unha con círculos concéntricos aliñados o norte en dúas liñas, e outra cunha coviña solta que descoñecemos súa cronoloxía. Pensamos mesmo así, que a zona esta pouco explorada e debe haber muitos máis.
Moi cerca e tamén en Padróns, se atopan os do Charco, que temos constancia polo menos en catro pedras de círculos concéntricos e coviñas.

Sen saír da mesma zona, pero do lado de Ribadetea nos atopamos co coñecido como petroglifo do Monte Aberto, unha pedra con coviñas e talladuras indeterminadas neste momento, polo seu mal estado de conservación.

Sen saír dos lindes de Padróns, nos imos agora o punto máis alto do concello, e cando dicimos o punto máis alto, e o máis alto, pois estas coviñas se atopan na pedra do cumio a 743 m sobre o nivel do mar, no linde xa con Mos. Este tipo de petroglifos, en cumios e en formas de coviñas ou pequenos lagares ou pías, orientados sempre o oeste, e dicir a posta do sol, pode ter un significado ritual solar, pois o sol nestas sociedades tan antigas soia ser a divindade suprema. Dende el há unhas fermosas vistas a ría de Vigo e illas Cies.

Para que vexades que este fenómeno do Galleiro non e inusual, e se da en  grande parte da terra galaica cando menos, imos por outro exemplo, pero agora no cumio doutro monte coñecido no concello, o Monte Landín, a 459 m de altitude na parroquia de Pías.
O igual que o do Galleiro, tratase dunha serie de coviñas e pías de pequeno tamaño nunha pedra preto do cumio, orientado o oeste (posta de sol) cunha grande vista sobre o val do Tea. Dicir que este monte esta por un lado sobre o castro de Troña, e polo outro (Mondariz) sobre o castelo do Sobroso. Esta pedra se atopa en perigo polo avance dun grande viñedo.

Outros petroglifos que se deron a coñecer fai menos dun ano, foron os da Carreira tamén na parroquia de Pías. Atópanse o outro lado do Tea dos do Monte Aberto, e teñen a mesma temática base, círculos concéntricos e coviñas, polo que creemos que os fixeran os mesmos individuos ou clan. Pese o auxe que tiveron o seu descubrimento, neste momento se atopan de monte.

Pero se falamos de petroglifos no concello de Ponteareas, non podemos esquecer da zona reina con máis abundancia no lado oriental, os pes dos Montes da Paradanta, nas parroquias de Guillade e Cumiar. Fai uns seis anos, andando pola zona do Pedroso, que ten petroglifos, atopamos de forma casual estes despois que un lume deixara unhas pedras a vista. Se repite o patrón xeral do concello e todo o val do Tea, coviñas dispersas e círculos concéntricos, pero desta vez tamén aparece unha cruz cristianizadora cristián. Que saibamos están sen declarar, pero agora ben seguro que estarán cubertos polo monte raso o igual que o resto que há na zona, na parroquia de Guillade.

Por último imos con outro tipo de petroglifos muitos máis modernos que teñen como función a cristianización do pagán ou marcar lindes territoriais, as cruces. Neste caso nos situamos na parroquia de Cristiñade, no coñecido como “Penedo da Sartén”, no linde co concello de Salceda de Caselas. A curiosa forma do penedo cunha grande pía nun extremo fai voar a imaxinación a parecerse con unha sartén, nel tamén se atopa un petroglifo en forma de cruz, que claramente marca o linde nese alto entre os concellos de Ponteareas e Salceda.
Como vedes dentro dos lindes de noso concello de Ponteareas, temos unha grandísima riqueza e variedade dentro do patrimonio de arte rupestre, pero por desgraza des-valorado e marxinado. Aquí só vai a primeira parte pois temos bastante máis, esperemos que vos gustase e fixese algún tipo de exame de consciencia, polo seu estado e o pouco valor que dáselle. 

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Petroglifos do Monte Aberto, un berro desesperado.

Fai máis de catro anos, visitara e publicara no blogue que escribía antigamente, Ponteareas Historia Viva, sobre os petroglifos coñecidos como de Padróns e seu entorno, que se atopaban en estado totalmente marxinal, agochados entre o manto vexetal e case fora deste mundo, pois case ninguén os recordaba xa.

Enlace antigo.

O certo e que agora, anos despois, situándonos nos lindes de Ribadetea e Padróns, concello de Ponteareas, a situación do seu entorno mudou, novos descubrimentos como a necrópole calcolítica do Monte Aberto a escasos 100 m deles, novos petroglifos na próxima zona do Charco, ou mesmo o outro lado do Tea, os impresionantes descubertos na Carreira, parroquia de Pías, os cales son da mesma tipoloxía e características, fan unha nova visión e plan de estudo de toda a zona do Monte Aberto.

Pero despois de todo isto, a situación mediática e  recuperación destes petroglifos, e seu riquísimo entorno mudou algo? Se rompeu esa marxinación e esquecemento, se pensou en algún plan de posta en valor? O certo e situación real, e que a necrópole descuberta con tres cistas funerarias e dúas estelas, se atopan aterradas dentro dun recinto privado dunhas granxas paradas dende fai uns anos, os petroglifos da Carreira que chamaron muito a atención fai pouco máis dun ano co seu descubrimento, se atopan de monte e xa esquecidos, ningunha institución, a nivel local, nin da deputación ou Xunta deron un peso por eles, só un par de tolos (que se nos pode chamar así, pero a oídos sordos...)  intentamos algo pero temos o mesmo futuro que estes bens patrimoniais e arqueolóxicos, marxinación.

Mentres, nestes días grazas a grande axuda e colaboración do amigo Angel de Prado, membro do colectivo A Rula, voltamos os petroglifos xa visitados dende facía anos, os de Padróns, os do Charco e Monte Aberto, todos no lugar do Monte Aberto entre Ribadetea e Padróns. Non nos atopamos nada novo, a situación era a mesma de facia anos ou pior aínda, pero agora entraremos un pouco máis en materia e historia, de forma máis interactiva e simple posible.

QUE HÁ NO MONTE ABERTO?


Para pornos en situación, retrocedamos no tempo uns 3000-4000 anos, nunha terra galaica posiblemente chea de prados e cenegais, coas pedras a vista E cun ser humán que xa descubrira o bronce e vivía en campamentos de materiais perecedeiros como barro e vexetais, similares os posteriores castros. Parece ser que eran sociedades pequenas e bastante independentes unhas de outras, recolectoras e gandeiras, ritualísticas e cazadoras, cun coñecer do comerzo xa de tempos anteriores.

E por este tempo do calcolítico, ou idade dos metais, é cando son famosas as representacións de arte rupestre, e dicir, tallar con simboloxía, animais ou ritos (en fin o mundo que os rodeaba) as pedras, sendo coñecido como nosos petroglifos. En canto o mundo funerario, ou dos mortos (tan arraigado na terra galaica) o tempo das monumentais mámoas e dolmens en pedra xa pasara facía muitos séculos atrás, estes agora eran de pequeno tamaño e muito máis simples, colectivos e pouco chamativos no entorno, coñecidos como cistas funerarias. Pois ben, estes campamentos destes clans, cos seus petroglifos e cistas, cubrían a terra galaica, e un claro exemplo o temos completo no Monte Aberto.


Xa que estamos pondo imaxinación, imaxinade neses tempos un clan que tivo restos de asentamentos ou campamentos na zona do Alto da Arca e Gíncana ( claves patrimonio GA36042044 e GA36042043) e no Miñoto (GA36042648), onde apareceron restos de cerámicas decoradas e lisas, xunto obxectos líticos (de pedra) todos similares entre si, como se do mesmo colectivo de individuos e individuas estivera nos tres asentamentos.

Dentro de seus territorios, decidiron como en toda a terra galaica nese momento (era moda) tallar súas pedras, e todas coas mesmas características e tipoloxía, círculos líticos con coviñas en pedras de pequeno e medio tamaño, así aparecen os petroglifos coñecidos como de Padróns (GA36042122), O Charco (GA36042042, GA36042103, GA36042104) e o coñecido como do Monte Aberto (GA36042099). Engadir tamén, por ter a mesma tipoloxía de círculos concéntricos e coviñas nunha pedra de similar tamaño, a pouca distanza pero o outro lado do Tea, os da Carreira, que se ben non foi o mesmo colectivo ou clan, eran moi cercáns.

Por último, sabendo onde moraban e algunhas cousas que facían, onde morrían? Aparece pois así a necrópole xusto no Alto da Arca, nome de lugar que xa nos dicía todo, posto recordar que “arca” atribúese a estes monumentos funerarios prehistóricos, a explicación e que fai un par de séculos coa febre do libro “O Ciprianillo” entre outros, pensábase que estes lugares gardaban tesouros e riquezas, o “ouro dos mouros”, polo que desenterrábanos e abríanlle a pedra de arriba “como arcas”, de aí súa relación. Voltando o descubrimento fai un par de anos, construíndo no lugar unhas problemáticas granxas, aparecen tres cistas funerais e dúas estelas de culto, mostrándonos o final da vida dos nosos amigos e ancestros, despois dunha posible incineración ritual, pasarían a seu cemiterio para descasar por sempre. 

OS PETROGLIFOS DO MONTE ABERTO
O Monte Aberto e un alto entre o río Tea e seu entorno e as vertentes e da Serra do Galleiro. Dicir que arriba, cara o oeste, enténdese cara a montana cunha lomba e chans, sempre en sentido de nivel ascendente. A cortan os lados dous pequenos afluentes do Tea, o sur o río Mouróns ou Cillarga, e o norte un regato que baixa de máis arriba do barrio do Castro, en Padróns.
Dicir que as tres zonas ou estacións, moi cercáns entre si, teñen a mesma tipoloxía e ata os mesmos danos, pois están afectadas pola antiga cantaría artesanal, parece que os ancestros xa elixían boas pedras para plasmar súa arte o ar libre.

Engadir que o que no outro tempo puideron ser prados e pastos verdes, a día de hoxe son plantacións forestais (piñeiro e eucalipto), monte raso de toxais e algún prado e veiga de cultivo pegadas os regatos, a pedra abunda pero muita se atopa inaccesible polo monte raso, polo que creemos que existen inda máis estacións por descubrir ou redescubrir.

PETROGLIFO DE PADRÓNS

Chamado así e descuberto o publico e estudado por Nóvoa Álvarez no 1985, son os millor conservados e coñecidos. Tratase de dúas pedras de mediano tamaño elevadas un metro do chan máis ou menos coa superficie plana, onde aparecen os petroglifos.

Tratase polo que se ve de polo menos dous filas de círculos concéntricos que parten dunha coviña central en liña, con outras coviñas dispersas e até pode que algo máis, destacar que unha se parte en dúas no seu interior. Seu estado e bo e bastante limpo, pero o que máis nos chamou atención e que están perfectamente orientadas o norte dende seus centros en liña, e dicir, non foron colocadas así o azar, senón que parte dun motivo que descoñecemos polo de agora.

O significado dos círculos concéntricos inda e descoñecido, e simboloxía ancestral pois recordar que o símbolo do circulo en si e a vida, e o sol, pero neste contexto há quen po hipóteses como reloxos ou calendarios para medir o tempo ou estacións, ou mesmo que ten que ver coa fertilidade da terra e os campos, pero bon, ese e un tema para estudar en outros apartados.

Engadir que no eu entorno, nunha pedra moi danada pola cantería, atopamos unha coviña solta de orixe incerto.

PETROGLIFOS DO CHARCO
Estes situados nunha zona de pedras de mediano e pequeno tamaño no lugar do Charco (Padróns), están moi afectadas pola cantaría tradicional. Isto fai que só consérvense nas partes das pedras que non romperon.

Temos así ate en catro pedras, círculos concéntricos que soen partir de coviña central, aínda que algún no seu interior posúa varias coviñas, mostrando similitude cun taboleiro dos chamados “ de xogo”.


PETROGLIFO DO MONTE ABERTO

Situado do lado de Ribadetea, o pe dun camiño por debaixo do circuíto da Gíncana, tratase dunha pedra de tamaño medio, na cal consérvanse unha serie de coviñas claras e algunhas liñas moi deterioradas, pero de seguro seu deseño orixinal entraría no mesmo patrón que o de seus veciños e irmán anteriores.

CONCLUSIÓNS E POSIBLE FUTURO

Visto así de forma rápida a riqueza que temos no Monte Aberto, onde case nos conta a historia, vida e morte dos nosos ancestros fai máis de 3000 anos, creo que e hora de pórse a traballar, buscar apoios e reflexionar sobre o estado de noso patrimonio, se fai falta voltar comezar de cero, pero non deixar que volte o esquecemento destes bens arqueolóxicos.

Incluír a esta zona do Monte Aberto, por seu parentesco, cercanía e coincidenza temporal os petroglifos da Carreira en Pías, sen tampouco esquecernos do patrimonio posterior que rodea esta mesma zona que sempre estivo habitada, como o castro e mina romana da Croa, restos da ponte das Cons, Cidade de Caneiro ou a antiga Devesa Real de chan da Gándara.

Para min, persoalmente o ser de Ribadetea, o lugar ten tamén un sentimento especial e vai muito máis ala de ir ver pedras o monte. Agradecer a persoas como Angel de Prado seu interese e axuda nestes posibles primeiros pasos, pois fixo resurxir a chama. Esperemos que no futuro, cando volten a resurxir estes bens, non sexa un llanto de dor e pena por ser destruídos por unha plantación forestal, camiño ou inmoble, senón un berro de ledicia por súa posta en valor e coñecemento da sociedade do noso patrimonio e legado como pobo.