viernes, 13 de abril de 2018

O nubeiro, mitoloxía galega


Ultreia!! Documental Camino de Santiago invernal, Burgos-Fisterra, (Enero 2018)

Camino de Santiago realizado en el mes de enero, desde Burgos a Fisterra, en unas fechas donde no hay mucho transito y parte de los albergues están cerrados, a esto sumar el duro clima, la soledad de hacerlo solo y como no, tambien los buenos momentos, las grandes personas que conoces y la solidariedad entre peregrinos, toda una aventura.

martes, 3 de abril de 2018

Relatos atlantes: A ARRIBADA DE KOSSOBREO, REI DOS OESTROMINIOS


No mundo gobernado polos humáns, na terra onde o deus Sol se pon por última vez, onde habitan os Oestrominios, reinaba un forte clan fundado polo grande rei Maël.
Descendente directo de sangue dese clan, era Kossobreo, terceiro irmá do rei Bregón o grosso. Era un poderoso caudillo e guerreiro, recoñecido e temido en todo o reino, pero sempre a sombra de seu irmá maior e soberano, súas terras estaban aló onde remata o mundo, onde dende un alto monte vixiaba.


Tan forme espertou, o primeiro que fixo foi convocar seu chaman, xa que non facía nada, nin na guerra, sen que antes este consultara os deuses. O chaman chamábase Kelt dos ósos, e escoitado o soño do seu señor, botou seus ósos, os cales se contaba que eran de súa propia avoa, para ver o augurio do soño. Segundo a interpretación de Kelt, dixo que o soño era certo, que existían esas Illas máis ala das terras que coñecían.

Kossobreo non só pensou, preparou unha pequena flota de tres barcos, recrutou un pequeno grupo de fortes guerreiros onde se atopaba seu propio irmá menor, Artaim o novo, e seu irmá de lei, Milt o desafortunado. Embarcaron e arribaron cara un destiño incerto nos mares sen dicir nada a seu irmá o rei. 


No quinto día sufriron unha grande treboada, onde muitos morreron, incluído Milt, de aí seu pseudónimo o desafortunado, que encabezaba un barco. Kelt dos ósos, mirou un mal augurio en tirar os corpos o mar, pois súa misión era encontrar terra, polo que deberían ser enterrados nesta para cumprir seu propósito cos deuses. Kossobreo, que nunca se despegaba de seu chaman, obedeceu, e levaron consigo os mortos dirección o camiño do solpor.

O sétimo día, avistaron unha verde terra, con costas pedrosas e montanosas. Penetraron nunha ampla baía, que pasaría a ser coñecida como a Baía de Kossobreo, e nun illote de area que se atopaba no centro, montaron un campamento provisional. Kelt dos ósos dixo que para non molestar os deuses, debíase enterrar e dar culto primeiro os caídos na travesía, polo que Kossobreo mandou ir a terra, traer laxas de pedras e construír unha grande anta para darlle culto e honra os caídos, polo que pasaría a ser coñecido o illote como o Santuario da Arribada.

Pouco a pouco comezaron a entrar e explorar as terras, viron como máis no interior, había un grande monte de carballos cun manancial de auga boa. Así Kossobreo decidiu montar un campamento en terra, pero Kelt alertoulle da presenza de poderosas enerxías no lugar, polo que deixou os barcos en retagarda, no illote o cargo duns homes, por se tiñan que fuxir. A caza abundaba, porcos bravos, corzos e coellos, pero polo de agora inda non había rastro de cabalos. Vendo a tranquilidade do lugar, Kossobreo decidiu facer unha grande expedición o interior.

Mentres os atlantes, que inda choraban a Kerua espada de luz, pronto se decataron desa estrana visita, polo que os observaban. Nun principio non os vían como unha ameaza, pero pronto, cando estes comezaron a montar o campamento en terra, a talar árbores e cazar sen control, o seu presentimento mudou. Moi debilitados por súa luita contra Kelcebú o mouro, un atlante menor, chamado Tuatha o lostrego, decidiu que era hora de actuar. 

Kossobreo e seus curtidos homes camiñaron un día enteiro, eran vinte sete, e contra o fin do día, os primeiros do grupo viron nun prado o lonxe, as siluetas similares a uns cabalos, polo que correron tras destes, para ver de repente o lonxe, un grande outeiro verde con algo que sobresaia no cumio, como un corno en pedra. Entón antes da caída da noite achegáronse a este.

Cando chegaron o pequeno cumio, quedaron abraiados, sobre este había un xigante menhir, coa altura de seis homes, grande con antiquísimos símbolos tallados. A maioría pensaron que era unha obra dos deuses, que estaban na terra dos propios deuses, polo que algúns prostráronse ante o menhir. O propio Kossobreo nun principio pensou o mesmo, quen senón podería levantar semellante pedra sen rompela e esculpila? Pero Kelt dos ósos, pronto díxolles que seus ósos dicíanlle outra cousa, que quen fixeron iso, non eran os deuses, cando menos seus deuses, pero si seres moi poderosos.
Decidiron montar un pequeno campamento no lugar para pasar a noite, pero na metade desta, todos espertaron, escoitábase o redor deles como susurros que os penetraban, como o son das serpes, ptssss, ptssss... o mesmo tempo que unha especie de fala que parecía vir de outro mundo. Aterrados algúns guerreiros, berraban quen estaba aí fora na escuridade. Nisto escoitouse de forma alarmante un guerreiro chamar; Señor!! Señor!! Mire xunto o menhir!!

Kossobreo e o resto entón viraron cara o menhir, e co resplandor do lume das chasqueiras xunto a sombra deste, distinguíase tres formas como de homes, pero xigantes. Os guerreiros estaban arrepiábanse pero non perdían a compostura, algúns seguían pensando que eran deuses, pero entón Kossobreo cunha valentía que non parecía dos homes, xunto a Kelt dos ósos, que o invadía a curiosidade,  sacou súa espada de antenas en bronce e acercouse a eles. Cando estaban na fronte destes, de súpeto as tres sombras se iluminaron dunha cor verdosa, asustando todos os guerreiros, sen ser o caudillo e seu chaman que os miraban abraiados. Estes estranos seres nun principio non parecían realmente hostís, senón que semellaba que querían comunicarse, e a través da mente, comezaron a facelo con Kelt dos ósos, o cal mandou a seu señor gardar a espada, e que escoitara o que estábanlle dicindo, o cal sorprendera a todos.


PARTE I, CONTINUARA...




Cando os vikingos arrasaron Tui

Publicado para Comarcas na rede o 23 de marzo do 2018
Noutras ocasións xa falamos da riquísima historia e grandeza da cidade de Tui, pero desta vez imos falar de algo diferente, un feito moi triste e desolador, que a piques estivo de acabar coa propia cidade fai pouco máis de 1000 anos atrás. Cando se fala de vikingos, ou normandos millor dito (xente do norte), e de seus saqueos, se soen cualificar de «malos ou menos malos», pois ben, desta vez a Tui tocoulles os «moi malos».
Corría o ano 1014 de nosa era, e un xovencisimo caudillo escandinavo, neste caso noruegués, chamado Olaf Haraldsson, de apenas vinte anos, xunto un grande continxente de barcos e feros guerreiros pagáns que adoraban a Thor e Odín, entraban na ría de Ribadeo e a desolaban, seus habitantes intentaron resistir pero de pouco valeulles. Despois, seguiron e se volta ter notizas deles en Betanzos, onde se conta nas sagas escandinavas; "o rei (Olaf) tinxiu Betanzos de sangue con dentes de lobo, alí pereceron muitos homes". Devastada Betanzos, voltaron embarcar camiño do sur, o tempo que toda a «Jakobsland», «ou terra de Santiago» que era como eles chamaban a Galiza, tremía de medo de ser os seguintes.
Estes parece que pasaron de longo as Rías Baixas, o que foi un grande alivio para seus habitantes, pero de súpeto, deron a sorpresa, posto que na altura da desembocadura do río Miño, na Guarda, cambiaron de rumbo e seus barcos con pouco calado, comezaron a remontar o Miño cun claro obxectivo premeditado, a cidade e sé episcopal de Tui, a que estes chamaban «Gunnvaldsbord», ou «cidade de Gonzalo».
Tui e súas terras xa sufriran ataques de pirataría e intentos de saqueo antes, levados a cabo polos sarracenos ou musulmáns da Al-Andalus, pero nada que ver co que víñaselle enriba. De seguro o ver o rápido perigo inminente dos barcos subindo Miño arriba, prenderon as fogueiras de alarmas que ían dende o Santa Tegra ou Domaio, o Faro de Budiño e dende alí a outros como o Faro de Avión, pero non debeu dar tempo a muito para xuntar forzas de resistenza. Olaf, que era por aquelas totalmente pagán, pouco importáballe que a cidade fora bispado, máis ben o contrario, sabía que escondería grandes riquezas e reliquias cristiáns.
O asalto debeu ser multitudinario e brutal, e acho que os habitantes de Tui, pese estar aterrados, presentaron resistenza, pois o parecer na cidade había cando menos algún nobre, e a desproporcionada represión posterior dos nórdicos, non se entende sen luita previa. Tan rápido debeu suceder todo, que nin o bispo, Afonso, conseguiu fuxir e foi capturado.
A antiga cidade, que o parecer estaba máis preto do río para un mellor comerzo, e totalmente arrasada, destrúen todos os templos cristiáns, e a represión contra a poboación segundo as sagas escandinavas, arrepía. Ben seguro deberon matar practicamente todos os homes tras ser torturados, a grande parte das mulleres despois de ser violadas, e os nenos levados presos para logo ser vendidos como escravos nos mercados da Europa.
O bispo, sabendo do seu valor, deciden pórlle prezo a súa cabeza, polo que a coroa e a igrexa galega pagarlles 12.000 pezas de ouro para que o entreguen. Unha vez rematado o saqueo de Tui, deciden incendiar o que queda da cidade, polo que practicamente desaparece do mapa. Liberado o bispo Afonso, tras o terror que tivo que ver, este fuxe cara a cidade de Compostela.
Non contentos co feito, e de seguro vendo o pouco defendido que estaba o Miño, decidiron seguir navegando río arriba, chagando a cidade de Ourense. Non sabemos realmente que pasou alí, se conseguiron entrar na cidade ou non, nas sagas falan doutra vitoria pero de seguro non foi tan brutal como Tui, seguindo río arriba. Tanto, que a seguinte batalla en ten lugar en Ribas de Sil, moi preto de Quiroga! Se colledes un mapa podedes ver a distancia. Alí nun primeiro momento voltan vencer e saquear, pero o parecer o pouco chega o rei dende León, Afonso V, e os vence.
Non sabemos moi ben como foi esa suposta vitoria, pero cando menos si parece que consigue frealos e que Olaf, despois duns grandes saqueos e botín, cunha conseguida reputación de fero guerreiro e sanguinario, decide marchar e voltar por onde viu antes de perder máis homes.
Agora, voltando os anteriores feitos, foi tal o terror causado por este vikingo en Tui, que nove anos despois pese os intentos de repoboala por Afonso V, a cidade seguía deshabitada e en ruínas, nin o propio bispo quería voltar, polo que tivo o monarca que agregar a sé do bispado de Tui o de Compostela, e establecerse na cidade do apóstolo. Foi case sesenta anos despois! no reinado de García da Galiza, cando no ano 1071 restaura a sé episcopal e reconstrúe a cidade de novo, que pasaría a edificarse e fortificarse agora no outeiro que actualmente se atopa, máis lonxe da beira do Miño por precaución, unha mostra que tanto tempo despois, inda había moitísimo medo. Máis tarde cando no alto se constrúe a actual catedral, tamén se fortifica.
Pero agora ven o millor de todo, posto que a historia de Olaf non remata, pois despois destes brutais saqueos, e seguramente por ambición política, bautizase e faise cristián! Así sube o trono de Noruega no 1018, sendo o primeiro rei cristián desa nación, polo que pasa a chamarse Olaf «O Santo», e a día de hoxe inda e venerado como tal e patrón santo de Noruega! cousas do cristianismo. O certo, e que na memoria de Tui e tódolos pobos que saqueou (Francia, Alemaña, Suecia...) e sembrou o terror, como un brutal guerreiro pagán, non creo que na súa memoria o consideren un santo nin muito menos.

viernes, 23 de marzo de 2018

Relatos Atlantes: Balám e Farabrás, os atlantes caídos


Antes de que Kerua a vermella, se enfrontase o poderoso feiticeiro e escuro Kelcebú o mouro, o fixeron seu irmá maior Ferabrás o belo, e seu pai Balám o forte.
Dos atlantes que quedaban na Illa, Balám e seu liñaxe eran dos pouco de sangue real escapados da Atlántica, el mesmo, fora dos que fuxira sendo moi novo, pois eran seres que vivían longuísimos períodos de tempo.

Cando Kelcebú raptara súa filla maior, Karope a do cabelo peiteado, e a sacrificara nun ritual de sangue no solsticio de inverno para transformarse no ser escuro que se converteu, el non puidera facer nada, pero agora tocáballes combatelo, pois Kelcebú destruiría todo aquilo que para el fose unha ameaza.

Sabia que el só non o podía vencer, polo que agardaba enfrontalo xunto a seu fillo maior, Farabrás o belo, que era tamén xa moi poderoso. Pero este xoven príncipe atlante, iluso por súa xuventude, confiado do seu nacente poder e obsesionado con unha vitoria épica ante o mal, foise só sen avisar a seu pai a luitar contra Kelcebú o mouro.

Cruzouse con súa fermosa egua branca no camiño no maligno atlante, e desafiouno. Era moi 
branco, co cabelo dourado e esvelto, co seu grande e porte e xuventude, díxolle a Kelcebú que seu camiño remataba alí. Este mentres o observaba, con súa áurea escura e mirada penetrante.


Entón Farabrás, para mostrar seu grande poder e impresionar a seu inimigo, sacou seu bastón de carballo decorado en ouro relucinte, e comezou a xuntar súas forzas. Tiña poder extraordinario, até saía resplandor de seu corpo e as copas dos arbores axitábanse, quen o vira pensaría que xa superara a seu pai.


Unha vez mostrado seu poder, miraba a Kelcebú sorrinte preparado para atacarlle, pero este, comezou a rir tamén, e díxolle;

Es moi poderoso, e incrédulo, pero inda che queda muito que aprender, pero mágoa que túa vida remate aquí.

Nisto, a maza de Kelcebú comezouse a escurecer, e el mesmo a crecer soltando un estrano fume negro, e moi rapidamente Farabrás decidiu atacalo con seu poder máis puro, cunha rapidez incrible, pero con certa facilidade, Kelcebu o freou con súa maza, para finalmente rechazar o príncipe atlante.

Voltaron estar un fronte do outro, pero agora Farabrás estaba paralizado do terror, non daba crédito, nin no pior de seus pesadelos imaxinara ter un rival tan poderoso. Pero o tempo rematábaselle, como un lostrego, con todo aquel poder escuro, ca súa maza Kelcebú golpeouno, este a penas puido frear seu ataque e saíu polo ar. Logo Kelcebú acercouse a seu moribundo corpo, viu a cara dun xoven impotente e derrotado, que o miraba fixamente, entón súa maza voltouse de novo máis escura e saír fume dela, mesmo así o príncipe atlante levantouse coas poucas forzas que tiña, e cos ollos cheos de bágoas só puido dicir moi débil a sua fermosa egua branca, Asunla, sae de aquí...


Balám e o resto de atlantes percatáronse da triste notiza o ver chegar a egua soa e nervosa, polo que este non podía agardar máis, sabía de súas nulas posibilidades, pero non podía perder esperanzas. Despediuse da súa familia e comunidade, e foise o encontro de seu destino.


O veterán Balám atopouse con Kelcebú, o cal o agardaba, sabia que era o máis poderoso da Illa, sen contarse a si mesmo. Apenas houbo nada que dicir, Balám sabia millor co resto o que tiña enfronte, que matara a dous de seus fillos, pero gardaba a tranquilidade.

Comezou así un épico combate, pese súa idade, Balám demostrou ter máis poder que ningún outro, con seu bastón de carballo nativo da Atlántida freou un forte ataque do escuro, pero co acabou arrastrando finalmente. Sen aparentemente estar moi prexudicado, voltou levantarse, o que impresionou a Kelcebú, pero sabía que este non mostrara inda súa verdadeira forza.     

 O maligno voltou cargar súa maza de poder da que saía fume escuro, e nese intre o sabio Balám atacouno con todas súas forzas tendo este a garda baixa, pero Kerlcebu tiña tanto poder en aquela maza, que conseguiu, cun grande esforzo, rexeitar aquel ataque.

Balam quedouse entón moi desmoralizado por dentro, mentres que Kelcebú, impresionado, posto que nunca ninguén conseguira ate o momento danalo. Entón dixolle:

Me impresionas Balam, xamais imaxinaria que foras tan forte, teu fillo non te chegaba nin os pes.

O que este contestou;
 
Estou seguro que meu fillo, o que non supo foi combaterte, pero agora todo iso xa da igual, todos acabaremos sendo po.                                              


Balam dixo isto, sabendo que quedáballe moi pouco de vida en este mundo, polo que seu corpo percorríano inquietudes.

Kelcebú preparou un novo ataque poderosísimo, e díxolle a Balám antes de atacalo, acabarei con todos Balam, con todos. O ataque foi brutal e pese que Balám intentou frealo, saíu disparado a muita distanza, caendo seu corpo case inerte o solo.                                                                                      

Kelcebú, despois do ataque, deu a Balam por morto e sentíase canso, e co corpo dorido, soltou un sorriso e deu as costas o corpo de Balam, dicindo coa súa forte voz, outro iluso.
Pero nisto cando se marchaba, sentiu algo detrás del, virou e dixo, non pode ser!                             

Era Balám, levantado, o cal apenas podía sosterse sobre seu bastón, estaba todo ensanguentado dunha sangue de cor azulada, moi mal ferido, e mirando os ollos do maligno, cunha voz inda poderosa, que impoña un grande respecto, contestoulle:

Como vas vencer a todos, se inda non acábache nin comigo!

Entón Kelcebú, cheo de odio e resentimento, tivo que lanzar seu último ataque cun forte berro, o cal o debilitou muito nos seguintes días. Foi o fin de Balam o forte.

Contan que logo súa filla mediana, Kambela a feble, morreu de pena, súa filla menor Kerua a vermella, o enfrontou pero saíu tamén derrotada. Mentres seu fillo do medio, Floripás do bastón, pasou un tempo buscando un novo bastón de poder para enfrontalo, pero cando pensou que o atopara, tamén Kelcebú o derrotou e deu morte, a escuridade tinguise sobre a Illa.

SIGUE A SEGUINTE HISTORIA:
KERUA, A ESPADA DA LUZ

Terra galega invernal a vista de páxaro

Vista das última nevadas do inverno 2018 dende o grande miradoiro do Faro de Avión, na divisoria Pontevedra e Ourense, onde se pode mirar dende o mar ate as principais cadeas montañosas do pais nevadas.

jueves, 15 de marzo de 2018

Anteriores, as tres cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario, moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque, nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto formado por unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos, que o fan moi similar a un dolmen, polo que há quen pensa que o é. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces, tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén existen petroglifos, algúns cristiáns, como representacións de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai cavada na pedra unha pequena pía, con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou ritual.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dun culto pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un santurio pagán, o cal tamén tiña petróglifos, polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.

Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETROGLIFOS)
Esta entrada a publiquei o 10 de abril do 2013 no blogue
Ponteareas Historia Viva